A Coruña, sede da final da Copa Galicia Feminina, en Semana Santa (20-21 de abril)
O Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña vestirá as súas mellores galas durante os días 20 e 21 de abril para albergar a fase final da XIII edición da Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala, baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Viaxes Amarelle FSF, como anfitrión.
O Pescados Rubén Burela FS pelexará nas semifinais o sábado 20, ás 20.30 horas, fronte ás herculinas. Antes, ás 18.30 horas, o outro billete decidirase entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas.
A pugna polo título está prevista para o domingo 21, ás 12.30 horas
II Minicopa Infantil Feminina
De forma paralela á competición sénior tamén se disputará a II Minicopa para a categoría infantil, coa participación da base dos catro clubs sénior. A primeira semifinal, ás 16.00 horas, enfrontará o Ourense Envialia co Cidade das Burgas, mentres que o segundo enfrontamento será a partir das 17.00 horas, entre o Pescados Rubén e o Viaxes Amarelle FSF. O campión decidirase na gran final do domingo, que arrincará ás 10.30 horas.
Entradas
O abono para toda a competición ten un prezo de 8 euros e entrada por xornada ascende ata os 5 euros. Os menores de 14 anos accederán gratis ao recinto con invitación e acompañados por un adulto.
A venda anticipada de entradas xa está dispoñible en www.amarellefsf.com
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas