20/03/2019

Pescados Rubén Burela FS e Rodiles FS formalizan a súa colaboración

Pescados Rubén Burela FS e Rodiles FS formalizan a súa colaboración
O convenio de colaboración entre o Pescados Rubén Burela FS e o Rodiles FS xa é un feito. O presidente laranxa, Manuel Blanco, recibiu hai uns días ao seu homólogo asturiano, Faustino Ortiz, para selar o acordo; no acto tamén estiveron a internacional burelista Luci e as xogadoras asturianas Jessi e Romina.

“Para a Familia Laranxa é un orgullo comezar este camiño de promoción e difusión do traballo en igualdade desde a base cun club que coida e agarima tanto o fútbol sala feminino, nunha comunidade de gran tradición neste deporte” explicaba Manuel Blanco, coincidindo con Faustino Ortiz en que as iniciativas promovidas entre os dous clubs redundarán en beneficio da aprendizaxe das dúas escolas. “É un acordo moi importante para nós xa que Pescados Rubén Burela FS é un referente nacional neste deporte. O Rodiles FS dá un gran paso na súa consolidación no fútbol sala feminino con esta colaboración e estamos moi felices por iso?, aplaudía tamén o presidente da entidade de Villaviciosa.

O Rodiles FS e o Pescados Rubén Burela FS de Primeira Galicia xa tiveron a oportunidade de disputar algún amigable e ata as Guerreiras Laranxas puideron gozar do apoio da estrutura asturiana desde a bancada de Vista Alegre.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.