04/04/2019
O sólido Vista Alegre andaluz fronte ao líder laranxa
Quedan 4 finais. Os pupilos de Juanma Marrube visitarán este sábado o sólido Vista Alegre andaluz para medirse ao Córdoba Futsal. A xornada 27 de Segunda está prevista para as 18.30 horas, co horizonte do Pescados Rubén Burela FS depositado en dar un paso máis en zona de privilexio (63 puntos) fronte a un rival de play off (7º, 41 puntos).
“Sabemos que será moi complicado. Na ida a renda para nós tan só foi de 3-2 e ademais é un equipo moi forte na casa, onde só perdeu dous encontros. Calquera erro en zona de elaboración podémolo pagar caro fronte a un rival moi correoso que vive da transición” advertía Iago Míguez, que puido volver ás pistas a semana pasada no triunfo heroico ante Talavera (5-4): “Estou feliz por partida dobre, primeiro por volver participar en pista cos meus compañeiros e máis nestes partidos que están sendo moi importantes e despois polo xeito en que conseguimos a vitoria, unha vitoria trepidante na que gozamos tanto a afección coma nós”.
O 5 laranxa espera un partido bonito: “Para o Córdoba tamén será unha cita moi importante, coa motivación de facerse máis forte en zona de play off, un obxectivo moi bonito” puntualizaba o ala, apelando unha vez máis á grande esencia dos seus, baseada na orde e picar pedra: “Sabemos que nosa mellor baza é seguir sendo fieis a nós, manter a liña de traballo de toda a tempada, aproveitar a dinámica de vitorias e demostrar todo iso na pista unha vez máis. Estamos nunha etapa moi bonita, estamos diante dunha oportunidade que pode ser irrepetible. Todos somos conscientes do que hai en xogo e por iso a concentración é plena; é o obxectivo de inicio e por iso estamos mentalizados ao cento por cento para conseguilo, co paso a paso e partido a partido”, explicaba Iago Míguez, cos pés na terra.
“Só pensamos en nós. Primeiro temos que pensar en facer o noso traballo e despois, como en todas as xornadas, miraremos os resultados dos rivais” puntualizaba o burelista, facendo referencia aos duelos dos seus rivais directos en Galicia, con Betis na segunda praza (57 puntos) visitando ao Noia Portus Apostoli (14ª, 25 puntos), en loita pola permanencia, e Mengíbar na terceira (54 puntos) na pista do Santiago Futsal (8º, 36 puntos), perseguindo zona de play off.
As únicas ausencias, se non xorden cambios, serán as de Pitero e Matamoros, que continúan con senllos procesos de recuperación. A expedición partirá esta noite, 23.00 horas, cara a terras andaluzas e realizará a última sesión da semana, mañá, ás 11.00 horas, en Mengíbar.

Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas