06/04/2019

Os de Juanma Marrube impóñense ao Córdoba (1-3) e rozan o soño

Os de Juanma Marrube impóñense ao Córdoba (1-3) e rozan o soño
A escuadra laranxa saíu triunfal dunha final máis, impoñéndose ao Córdoba Futsal (1-3). Con esta vitoria, os de Juanma Marrube rozan o soño, con vantaxe de 9 puntos e a falta de 3 xornadas, sobre Mengíbar, que gañou a Santiago Futsal (4-5), e Betis, que sucumbiu na pista do Noia Portus Apostoli (5-2). Agora a seguir picando pedra, toca pensar no vindeiro sábado, coa visita á Bomboneira dos de Noia (17.00 horas), nunha nova Tarde Laranxa, que se pechará co duelo no cume de Primeira Liga Foro 16 Feminismo entre o Pescados Rubén Burela FS e o Futsi Atlético de Madrid (19.30 horas).

Arrincaron tatexantes os mariñáns, pero aos poucos conseguiron ir impoñendo a orde que os caracteriza para dar a volta ao electrónico. R. Vargas puido adiantar os galegos nos minutos 4 e 6, con moito perigo. No entanto, Lolo Jarque inaugurou no minuto 9, nunha situación dun contra un, que finalizou o xogador local ao segundo pau. Jesús Rodríguez viu a expulsión no minuto 18, coa segunda amarela. Renato non puido igualar a contenda en dobre penalti pero si o fixo pouco despois Joselito, en superioridade, para oír a chegada do descanso con 1-1.

O Pescados Ruben Burela FS deu un paso adiante no reinicio, con boa xestión de pelota. Iago Míguez anotou o segundo para os de Juanma Marrube, no minuto 26, nunha boa xogada de Porto. Edu mantívose impertérrito para salvagardar a renda ante Keko e David Leal e máis tarde conn Juanra. Superado o ecuador, Renato aproveitou en contragolpe para ampliar distancias. Tan só un minuto despois, o traveseiro evitou o segundo andaluz e entón o Córdoba apostou por xogo de cinco, respondendo da mesma forma os galegos, en alternancia e xerando moito perigo. Ambas as escuadras puideron mover o luminoso, pero mantívose o 1-3 para xúbilo laranxa.

Ficha técnica

Córdoba Futsal: Nono, Jesús Rodríguez, Lolo Jarque, David Leal, Keko, cinco inicial; tamén xogaron Pakito, Manu Leal, Koseky, Cordero, Juanra, Catiti

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Renato, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Luisma, R. Vargas, Juanfran, Porto

Goles: 1-0, minuto 9, Lolo Jarque; 1-1, minuto 20, Joselito; 1-2, minuto 26, Iago Míguez; 1-3, minuto 31, Renato

Árbitros: Fernández Cárdenas // Jarque Ruiz (colexio madrileño). Por Córdoba amarela a Cordero (minuto 3), Jesús Rodríguez (minuto 11 e 18), Cristian (minutos 19 e 20), Keko (minuto 34), Lolo Jarque (minuto 34). Por Burela amarela a Hélder (minuto 2)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre (Córdoba)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.