06/04/2019

Majadahonda FSF 3-5 Pescados Rubén

Majadahonda FSF 3-5 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu esta tarde coa 23ª vitoria para seguir no cume de Primeira Liga Foro 16 Feminismo, fronte a un Majadahonda FSF valente que puido recortar a ampla vantaxe das mariñás de 0-4 ata o 3-4 en tan só dous minutos, na segunda parte. Con este triunfo, as Guerreiras Laranxas chegarán ao derbi con Futsi Atlético de Madrid da próxima semana encadeando 14 triunfos, para vivir o gran Clásico o sábado, ás 19.30 horas, pechando unha Tarde Laranxa que comezará con Pescados Rubén Burela FS-Noia Portus Apostoli (17.00 horas), soñando co ascenso a Primeira LNFS.

As pupilas de Julio Delgado e Lucas souberon á perfección como encamiñar a cita. Alves, no primeiro minuto de xogo, xa asestou o golpe inicial, sen erro, co 1-0. Con dominio e ocasións claras, o conxunto galego ampliou a fenda no minuto 8, con Dany revolvéndose en zona de pivote. A bucina do descanso soou con 0-3, con firma de Peque, en contraataque.

A 7 burelista anotou o cuarto nos compases iniciais do segundo acto, aproveitando un erro de saída de balón das locais. Parecía que todo ía na boa dirección, pero o Majadahonda, sen baixar os brazos, acurtou distancias ata o 3-4 en tan só dous minutos: Sheilita, de falta directa no minuto 27, e no 29, Andrea, a pase de Elena Mateo, e Ele Sanmillán, nunha recuperación de Andrea. Entón, as Guerreiras Laranxas optaron por xogo de cinco para non deixar escapar a súa renda e sentenciaron a cita co definitivo 3-5 no minuto 35, de Cami.

Ficha técnica

Majadahonda FSF: Lauri, Andrea, Ele Mateo, Sheilita, Cels, cinco inicial; tamén xogaron Chili, Yai, Moni, Anita Duque, Ele Sanmillán, Jessica.

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Alves, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cami, Popó, Cilene, Lara Balseiro, Luci

Goles: 0-1, minuto 1, Alves; 0-2, minuto 8, Dany; 0-3, minuto 19, Peque; 0-4, minuto 22, Peque; 1-4, minuto 27, Sheilita; 2-4, minuto 29, Andrea; 3-4, minuto 29, Ele Sanmillán; 3-5, minuto 35, Cami

Árbitros: Garro Arranz // Sánchez Martín (colexio madrileño). Por Burela, amarela a Cilene (minuto 36)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en La Granadilla.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.