10/04/2019

Venta anticipada de non socios/as, esgotada

Venta anticipada de non socios/as, esgotada
En tan só un día. O Pescados Rubén Burela FS xa esgotou as entradas de non soci@s que puxo en venda anticipada para unha Tarde Laranxa que pode ser histórica, coa pelexa polo gran soño da elite, fronte ao Noia Portus Apostoli (17.30 horas), e o Clásico de Primeira RFEF ante o Futsi Atlético Féminas (20.00 horas), con emisión en directo por TVG2.

A taquilla abrirase o sábado en Vista Alegre ás 16.30 horas.

Prezo Non Soci@s

Adult@: 10 euros

Menores de idade: Gratuíto

Asolaguemos Vista Alegre de Laranxa!!! Facendo Historia!!!

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.