13/04/2019

A Liga, máis igualada ca nunca

A Liga, máis igualada ca nunca
A Gran Marea Laranxa que se reuniu hoxe en Vista Alegre non puido poñer o broche de ouro á Tarde Laranxa. Intentárono ata a extenuación as Guerreiras sen a recompensa merecida, cun Futsi que se adiantou ao comezo da segunda parte e ampliou a fenda ata o 0-2, cando mellor estaba o Pescados Rubén, que conseguiu acurtar na recta final, sen tempo para máis (1-2). O cume agora está compartido.

Comezou a contenda con dúas forzas titánicas que se mostraron moito respecto desde a bucina inicial; o conxunto visitante mostrou unha mellor versión, máis decidida, nos primeirso minutos e aos poucos as mariñás foron tomando forzas, aínda que sen fortuna nos últimos metros. Dany, no 12, e Peque en pase longo de Jozi, no 15, dispuxeron das mellores de ocasións nun gran Clásico, con protagonismo e efectividade baixo paus durante a primeira parte.

Anita Luján anotou e adiantou as madrileñas no minuto 22. Pescados Rubén deu un paso adiante, con máis agresividade en ataque. Así chegou case o gol de Peque, cun gran remate que desartellou unha vez máis Marta Balbuena no minuto 26. Unha gran chegada de Dany con Peque levantou aos máis de 1000 afeccionados laranxas, pero foise fóra. A tentativa de Cilene estrelouse despois contra o pau. Estábano merecendo as de Julio Delgado e Lucas, pero atopou outra vez o premio Futsi, nunha recuperación en galopada de Ari que sentenciou no minuto 31 para ampliar ata o 0-2. Dany, no 34 e 35, levantou a bancada con dúas magníficas ocasións. Entón as mariñás apostaron por xogo de cinco, con Bea Mateos. Coa expulsión de Ari, no 36, Cami dispuxo dun dobre penalti, de novo ante unha Marta Balbuena infranqueable. Definitivamente a sorte non estaba esta tarde ao lado burelista; na última oportunidade en superioridade, Cami estrelouna contra a cruceta, no 38. Por fin, atopou o gol máis que merecido Peque, tras unha recuperación das madrileñas que freou Bea Mateos. Seguiu a por todas a escuadra laranxa; Cilene tivo o empate a 6 segundos. Mereceron máis as Guerreiras Laranxas; os astros non o quixeron así.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Peque, Cami, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Jenny, Luci, Popó, Alves

Futsi Atlético Navalcarnero: Marta Balbuena, Ari, Leti, Amelia Romero, Anita Luján, cinco inicial; tamén xogaron Marta Pelegrín, Ju Delgado, María Sanz, Gaby, Bruna

Goles: 0-1, minuto 22, Anita Luján; 0-2, minuto 31, Ari; 1-2, minuto 40, Peque

Árbitros: Amor Vizoso // Darriba Villamor (Galicia). Por Burela amarela a Peque, Jenny, Cilene. Por Futsi amarela a Ju Delgado, Ari (minutos 17 e 36), María Sanz

Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre con máis de 1000 persoas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.