23/04/2019

Nova experiencia internacional para Nito

Nova experiencia internacional para Nito
O xuvenil Néstor Valle Gómez, Nito, volverá gozar dunha nova experiencia internacional defendendo a España Sub-19. Será no Torneo delle Nazioni en Italia (Gradisca d’Isonzo) esta semana, entre o 24 e o 30 de abril.

A Xoia Laranxa incorporarase á concentración de Albert Canillas mañá en Madrid-Barajas para disputar a cita da Vermella fronte a Ucraína, Eslovenia e Italia.

Está será a cuarta convocatoria do xuvenil burelista coa Selección dende o comezo de tempada. Nito xa defendeu o combinado español nos seus compromisos en Francia, en agosto de 2018, Serbia, en xaneiro, e Letonia, en marzo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.