02/05/2019

Oito burelistas no Nacional de León

Oito burelistas no Nacional de León
Oito burelistas defenderán esta semana a Galicia Xuvenil no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas da CNFS, que se disputará en León (3-5 de maio). Serán seis xogadores, Aarón Artime, Domingos Xabier Pinto, Adilson Varela, Bruno García, Heuricksson Gomes e Renato Monteiro, xunto a Christian Fustes e Jairo Campo, no corpo técnico.

A expedición irmandiña partirá mañá pola mañá. Xunto a Castela e León, Cataluña e Galicia serán os combinados participantes nunha competición en formato de liguiñas; os pavillóns de Margarita Ramos, San Esteban e o Municipal de Deportes acollerán os encontros entre o venres pola tarde e o domingo, xornada de finais. Disputarase de forma paralela o Nacional Feminino Sénior.

Seguimento de encontros e resultados: www.cnfutbolsala.com

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”