02/05/2019

Sandoz e Kessarys Joyeros desvelarán o Mellor Xogador 2018-19 este sábado

Sandoz e Kessarys Joyeros desvelarán o Mellor Xogador 2018-19 este sábado
Sandoz e Kessarys Joyeros desvelarán este sábado a identidade do Mellor Xogador do Pescados Rubén Burela FS de 2018-19. O gañador recibirá como premio un reloxo antes do inicio fronte FC Barcelona B, no broche da liga (Vista Alegre, 18.30 horas).

Coa valoración de adestradores, prensa e afección, xornada a xornada, figuraron entre as primeiras prazas do ránking ao longo da tempada Matamoros, Edu, Pope, Lucho, Pitero ou Juanfran.

Quen será o Mellor Xogador 2018-19? Tan só quedan 2 días.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”