03/05/2019

Despedida de luxo para os Campións, na casa e co FC Barcelona B

Despedida de luxo para os Campións, na casa e co FC Barcelona B
Chega o final. Os Campións de Segunda LNFS vivirán unha despedida ligueira de luxo, arroupados na última xornada pola Bancada Laranxa de Vista Alegre e coa visita do FC Barcelona B; será mañá, a partir das 18.30 horas, nunha tarde chea de emoción, espectáculo e sobre todo ledicia.

“Despois da gran festa que vivimos na casa, co ascenso, queremos regalarlle á nosa afección a última vitoria para acabar a liga ao grande. Levamos un par de xornadas que non somos nós, queremos recuperar nosa mellor versión, para ofrecer un xogo bonito aos nosos e pechar ben a tempada” explicaba Pope facendo referencia ao empate con Noia (3-3) e a primeira derrota a domicilio, con Elche (3-1).

Logo de 29 xornadas e 67 puntos, con 20 vitorias, 7 empates e 2 derrotas, o Pescados Rubén Burela FS gañou o título de Campión e o dereito a regresar a Primeira LNFS, pero quere acabar o traballo con autoesixencia e mantendo a filosofía de Juanma Marrube de alma, carácter e regularidade. Para iso terá unha tarefa difícil, ante o filial blaugrana, que defenderá a quinta praza (51 puntos), co ronsel de ElPozo Murcia, sexto (50 puntos): “É un equipo moi novo e correoso, que suscita moitas dificultades para defender o seu ataque de catro”, advertía o ala-peche, a piques de poñer o broche á “mellor tempada da miña traxectoria”.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 7. Porto, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 17. Nito, 23. Imanol CD, 30. Hélder

Trofeo Sandoz Mellor Xogador 2018-19


Sandoz e Kessarys Joyeros desvelarán este sábado a identidade do Mellor Xogador do Pescados Rubén Burela FS de 2018-19, co resultado final da valoración de adestradores, prensa e afección, xornada a xornada.

Zona Infantil


Un sábado máis os máis pequenos/as poderán gozar da Zona Infantil de inchables e talleres.

Sorteo de entradas CD Lugo-Almería


Durante o descanso, 2 afeccionados/as serán agraciados para presenciar o partido da Liga 1,2,3 do domingo, 5 de maio, entre o CD Lugo e o Almería (12.00 horas, Anxo Carro).

Festa de Primeira


Este sábado, Vista Alegre terá dispoñibles os tíckets para a celebrar a Festa de Primeira cos Campións de Segunda LNFS, o xoves 16 de maio (Cea do Ascenso, Don Chuletón, 22.00 horas) ao prezo de 30 euros. O prazo estará aberto ata o luns 13 de maio, na sede laranxa.

A revalidar Copa Galicia


Tan só un día terán os pupilos de Juanma Marrube para descansar e internarse no desafío da XXVIII Copa Galicia, coa fase final nas Pontes de García Rodríguez (6-7 de maio): “Despois de Barcelona tocará pensar noutro reto bonito que temos por diante. Os partidos contra Santiago sempre son emocionantes e vistosos para a afección; sabemos que será moi difícil” explicaba o 14 laranxa, nun duelo que se disputará o luns (18.30 horas) e que rememorará a final do ano pasado. “Creo que se nos presentan máis obstáculos para conseguir o título este ano; primeiro temos que superar o obstáculo de Santiago e se chegamos á final calquera dos rivais, O Parrulo ou Noia, tamén nolo poñerán moi complicado” advertía Pope, facendo referencia á posible final do martes (19.00 horas). O Pescados Rubén Burela FS disputará a II Minicopa Infantil, na mesma sede das Pontes, o sábado, día 11.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.