09/05/2019

Novo reto irmandiño para a Familia Laranxa

Novo reto irmandiño para a Familia Laranxa
Este sábado prepárase un novo reto irmandiño para a Familia Laranxa, outra vez nas Pontes. A localidade coruñesa acollerá a II Minicopa Infantil, cos enfrontamentos Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal e O Parrulo FS-Noia Portus Apostoli, pola mañá.

Os mariñáns estrearán a cita ás 11.00 horas no municipal. Baixo a batuta de Mario Pillado, buscarán a clasificación para a cita definitiva Fernando Yanes, Rafa Gomes, Saúl Fuente, Wilson Vaz, Abrahan Lorenzo, Hugo Varela, Yago Ares, Aarón Abad, Elías Fidalgo, David Gomes e Lola Muñoz.

A final decidirase entres os gañadores das semifinais, ás 18.00 horas.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”