24/05/2019

Vista Alegre clausura a Liga de Primeira

Vista Alegre clausura a Liga de Primeira
Vista Alegre e o Pescados Rubén xogarán o último compromiso na casa de Liga Foro 16 Feminismo 2018-2019, na penúltima xornada, coa visita de UA Alicante. Será mañá en horario unificado, ás 18.00 horas, nun duelo de grandes intereses nos dous bandos. Fronte ás Guerreiras, que apuran o sprint final igualadas con Futsi Navalcarnero (78 puntos) no cume, as levantinas buscan subir na táboa mirando á Copa de SM A Raíña nese triplo empate entre as prazas quinta e sétima, con Jimbee Roldán FSF e Poio Pescamar FSF.

“Se queremos optar ao título temos que cumprir cos seis puntos, nas dúas finais que nos quedan, para seguir mantendo opcións”, advertía a viveirense Lara Balseiro, advertindo do rival e facendo referencia ás complicacións do anterior enfrontamento: “Sempre son partidos moi disputados que se deciden ao final. Na primeira volta UA (3-5) xa nos puxo en apertos para conseguir os tres puntos; teremos que estar ao cento por cento. Está facendo unha gran tempada; malia as lesións conseguiron realizar unha gran liga. Estamos traballando para frear o seu ataque, un tanto peculiar; é un conxunto que leva anos xunto” explicaba a 10 burelista.

As pupilas de Julio Delgado e Lucas pecharán a competición regular na casa, pero non se despedirán aínda da Bancada Laranxa: “Sempre sentimos o apoio e os ánimos da bancada. Non será o último partido, por sorte en pouco máis de dúas semanas teremos a Copa de SM A Raíña. Temos que dar as grazas por volver ser anfitrioas; para nós é unha grande oportunidade para pechar a tempada facendo algo moito máis bonito” puntualizaba a mariñá.

Volverá á convocatoria Alves, recuperada xa da súa lesión, e entrará Cris, de Comarcal A Fervenza. Non poderá estar Peque por unha microrrotura de fibras no xemelgo.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cristina, 6. Cilene, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Lucía

Zona Infantil

A Bomboneira poderá gozar de novo da zona infantil con talleres e inchables.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.