29/05/2019

A fútbol sala laranxa cos máis peques de Vilalba

A fútbol sala laranxa cos máis peques de Vilalba
O Pescados Rubén Burela FS visitou onte o alumnado da Escola Infantil de Vilalba. O director da Escola Deportiva laranxa, Alfonso Mera, xunto a Luci, Jenny, Lucho e Iago Míguez, descubriron as marabillas do fútbol sala entre os preto de 100 pequen@s de entre 3 e 6 anos, que puideron gozar de actividades moi variadas ao longo da xornada.

O club mariñán achegou o programa de 'Descubre o Fútbol Sala' á vila da Terra Chá en colaboración coa ANPA do centro.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”