31/05/2019

Reto copeiro en Cádiz

Reto copeiro en Cádiz
O periplo de Copa de España Xuvenil arrinca mañá para o Pescados Rubén Burela FS na primeira eliminatoria. O conxunto de Christian Fustes e Mario Pillado xa está en terras gaditanas para medirse ao Géminis (18.15 horas, polideportivo Centro Histórico).

“Rematamos ben a tempada, coma un dos mellores segundos da categoría e o equipo está moi concentrado e ilusionado nesta pechadura de tempada. No final de liga estivemos ben e conseguimos o segundo posto de forma moi sólida, o que nos xera moita confianza de cara a esta eliminatoria” explicaba Fustes, encomiando ao rival, campión do seu grupo: “Sabemos que é unha das canteiras que sempre saca bos xogadores, algún deles competindo ao máis alto nivel en equipos importantes de 1ª división, e que se deberían basear niso, a calidade individual dos seus rapaces”.

A expedición laranxa está composta por: Adilson Varela Semedo, Domingos Xabier Pinto Gomes, Bruno García Cadaveira, Aarón Artime Hernández, Heurickson Gomes Varela, Renato Rodrigues Monteiro, José Luis Vázquez García, Hugo Manín Parga, Gustavo Henrique Marchesan, David Méndez Yáñez, Antonio Baltar Pernas, Jorge Quelle Gómez e Jocel de Brito Semedo.

En total, son 16 equipos os clasificados. Os 10 primeiros de cada grupo da fase regular e os 6 mellores segundos, tendo en conta o seu coeficiente. As eliminatorias desta fin de semana vanse a disputar a partido único. E os emparellamentos son os seguintes:

PARTIDOS

GÉMINIS C.D. – PESCADOS RUBÉN BURELA F.S.

F.C. BARCELONA - U.D. LAS ROZAS BOADILLA

C.D. MARISTAS VALENCIA - ARTEVIRGO LA ALDEA

C.D. XOTA F.S. - C.D. TENERIFE IBERIA TOSCAL

C.F.S. COLO COLO - C.D. MURCIA F.S. MEDITERRÁNEO

F.S. VIGO 2015 - ALJUCER F.S. EL POZO

C.D. SEGOVIA FUTSAL - A.D. SAN JUAN

CIUDAD DE MÓSTOLES - A.D. Nª Sª DEL PILAR

Ademais, o cadro confeccionouse de tal xeito que xa se coñecen os cruzamentos dos oitos equipos que van formar parte da fase final, que se disputará no Pavillón da Ciudad del Fútbol de Las Rozas, durante a fin de semana do 7, 8 e 9 de xuño.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.