Actualidade
13/06/2019
Clausura de curso para as Nosas Xoias
Máis de 150 pequenos deportistas dende os 3 anos participaron na clausura do curso 2018-19 da ED Pescados Rubén, acollida no auditorio da casa de cultura de Burela. O acto, presentado polo director da escola, Alfonso Mera, contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano García, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, xunto ao presidente da Familia Laranxa, Manuel Blanco Fanego, e os vicepresidentes, Cesarina Fanego Mon e José Luis Sáez Castro, ademais do secretario, José Ángel Dovale Gradaílle, e o fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Blanco Fernández.
Iago Míguez e Lucho, ademais das Guerreiras Laranxas Jozi, Alves e Dany, tamén quixeron acompañar as nosas pequenas xoias nesta despedida de curso, que contou ademais cos dous convidados de luxo, o secretario do CNFS da RFEF, Paco Sedano, e da seleccionadora nacional de Fútbol Sala Feminino, Claudia Pons.
Xunto a cadanseu diploma, os/as alumnos/as recibiron tamén un chaveiro personalizado.
Todas as categorías, entre Prebenxamín e Xuvenil, agás Biberón, continuará adestrando ata finais de mes para recibir o descanso estival co Memorial Heroes do Orzán (A Mariña, 26-30 de xuño) de Imdecum.

Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas