14/06/2019

Alcorcón, primeiro semifinalista de Copa da Raíña

Alcorcón, primeiro semifinalista de Copa da Raíña
O AD Alcorcón FSF inaugurou a I Copa de SM A Raíña ao grande, conseguindo o primeiro billete para as semifinais ao impoñerse con claridade ao Jimbee Roldán FSF (1-5), en cuartos. As de Adri Martiño mediranse mañá, ás 17.45 horas, ao vencedor desta tarde entre o vixente campión de Liga e Copa, Futsi Navalcarnero, e Penya Esplugues (18.15 horas).

Alcorcón dispuxo das mellores chegadas con perigo nos primeiros segundos; dispuxo de máis ocasións e obtivo a recompensa estreando o electrónico superado o ecuador da primeira parte, nas zapatillas de Isa García. A falta dun minuto e medio para o descanso o pau evitou o segundo das madrileñas, en pugna de Irene Samper coa defensa levantina. Non se conformaban as de Adri Martiño e aínda con 44 segundos por diante, Isa García deulle un pouco máis de tranquilidade, con 0-2.

As alfareiras gozaron dun minuto de ouro no regreso ao parqué, o 24, con hattrick de Isa García en rexeite, tras unha falta. Non se fixo esperar o cuarto, con Nere Moldes, na seguinte xogada, que saíu vitoriosa ante a tentativa de Jimbee para bloqueala. Reaccionou entón o equipo de Peñaranda con xogo de cinco; no 28 conseguiu reducir distancias, con Alba Gandía. Vane Sotelo completou o triunfo, no 34, nunha gran vaselina desde media pista sorprendendo co 1-5. As de Adri Martiño aínda protagonizaron un par de sustos a porta baleira.

Ficha técnica

Jimbee Roldán FSF: Etayo, Andrea, Consu, Ángela, Claudia Terrés, cinco inicial; tamén xogaron Clara, Alba, Mirian, Bet

AD Alcorcón FS: Belén de Uña, Isa García, Irene Samper, Vane Sotelo, Ana Rivera, cinco inicial; tamén xogaron Nere Moldes, Cyn, Aída, Ballesteros, Laura, Marta

Goles: 0-1, minuto 11, Isa García; 0-2, minuto 20, Isa García, 0-3, minuto 24, Isa García; 0-4, minuto 24, Nere Moldes; 1-4, minuto 28, Alba Gandía; 1-5, minuto 34, Vane Sotelo

Árbitros: Carreira Romero // Figueroa Veiga. Por Roldán amarela para Mirian

Incidencias: Partido correspondente a cuartos de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño), disputado no pavillón Vista Alegre, con case 700 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.