14/06/2019

Esplugues fai sufrir a Futsi no seu avance na Copa

Esplugues fai sufrir a Futsi no seu avance na Copa
O Penya Esplugues non lle puxo as cousas doadas ao todopoderoso Futsi Navalcarnero no seu avance na Copa de SM A Raíña (5-4). As catalás conseguiron remontar en dúas ocasións no primeiro tramo e anotar o 5-4 na recta final, con moito perigo nos últimos na desenlaces. Futsi medirase mañá a AD Alcorcón na primeira semifinal, ás 17.45 horas, en Vista Alegre.

Á vantaxe de Futsi de 2-0, respondeu Esplugues con goles de Laura e Stella en tan só un minuto, no 14, aínda que a temperanza das madrileñas lles outorgou de novo a dianteira, en poucos segundos, coa solvencia de Bruna. As de Cinto García conseguiron dar a sorpresa e empatar a 9 segundos do descanso para renovar o partido en táboas.

Na segunda parte a Esplugues pesoulle un pouco a acumulación de minutos. Anita Luján e Bruna, no 24 e 28, devolvéronlle a comodidade no marcador a Futsi, aínda que as Cinto García non cesaron no seu empeño; a ilusión por manterse na Copa empurrounas a materializar o 5-4 con Berta Velasco a 57 segundos para o final e dar así máis emoción e espectáculo a unha cita moi aplaudida pola numerosa afección da Bomboneira.

Ficha técnica

Futsi Navalcarnero FS: Marta Balbuena, Ari, Leti, Ju Delgado, María, cinco inicial; tamén xogaron Amelia, Anita Luján, Marta, Gaby, Bruna, Estela

Penya Esplugues: Nerea, Stella, Celia, Berta, Laura, cinco inicial; tamén xogaron Anna, Marta, Zoe,Arantxa, Iris

Goles: 1-0, minuto 2, Ari; 2-0, minuto 11, Ju Delgado; 2-1, minuto 13, Laura; 2-2, minuto 14, Stella; 2-2; 3-2, minuto 14, Bruna; 3-3, minuto 20, Laura; 4-3, minuto 24, Anita; 5-3, minuto 28, Bruna; 5-4, minuto 40, Berta Velasco

Árbitros: Vilas López // Guntín Garrido.

Incidencias: Partido correspondente ao terceiro cuarto de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño) disputado en Vista Alegre, ante máis de 700 persoas. Natalia Orive, directiva da RFEF, presidiu o palco de autoridades.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.