16/06/2019

As Guerreiras convértense en Raíñas

As Guerreiras convértense en Raíñas
O Pescados Rubén Burela FS conquistou a I Copa de SM A Raíña pelexando ata a extenuación nunha loita de titáns arrebatándolle o título ao Futsi Atlético Navalcarnero (3-3) nos penaltis. Nun Vista Alegre exemplar que lles deu alento ás Guerreiras en todo momento, Bea Mateos recibiu a Copa de mans do presidente do CNFS, Pedro Rocha. Corpo técnico e xogadoras dedicaron a segunda Copa da Historia Laranxa á memoria de Marcelo Santoro, Neco.

Tal e como presaxiara a liga, coa máxima igualdade, a final da Copa non podía ser menos espectacular. Pescados Rubén sufriu moito nos primeiros minutos, pero aos poucos as forzas equilibráronse con acerto na rede tanto de Ana Romero e Marta Balbuena. Tanto, que o luminoso non se puido abrir ata a medianía do segundo acto. Tras o 2-2 do tempo regulamentario e 3-3 en prórroga, foi no terceiro penalti, asestado por Cilene, tras o erro de Ari, o que outorgou a gloria para as Raíñas, revancha da tempada regular e golpe asestado ao campión ligueiro.

Leti adiantou ao todopoderoso Futsi no 29, pero non tardou Pescados Rubén en igualar a contenda; intentouno Dany, en disparo cruzado, e sentenciou Cami pouco despois, nun potente disparo de lonxe. Aínda non se cumpriu a medianía e no 32 Peque, sempre estelar, apareceu pola banda para anotar o 1-2. Cantaba a Bomboneira; aplicáronse en defensa as de Julio Delgado e Jozi sacou o impensable fronte a María Sanz. Ía todo vento en popa para os intereses mariñáns pero as de Andrés Sanz conseguiron o empate a falta de pouco máis de catro minutos, con Leti, nunha perda burelista, cerca da área de Jozi. Na recta final, Dany volveu toparse por partida dobre con Marta Balbuena.

Con 2-2, chegou o tempo extraordinario. Dany serviulle un pase espectacular a Cami, que freou de novo a incomensurable Marta Balbuena. A 3 laranxa, a "Fera", protagonizou outra de ouro, rozando o pau, antes de cumprirse o primeiro minuto. O largueiro evitou o terceiro das Guerreiras nun dobre penalti de Alves. Cami volveu dispoñer da oportunidade de materializar esta pena, ante Estela, pero foise desviada. Dany, nun partido épico, serviulle a Peque o 2-3 a falta de 41 segundos. Optou Futsi por xogo de cino e a falta de 5 segundos Leti anotou o empate (3-3). Chegou o tempo dos penaltis e caeu ao lado das burelistas; tras os acertos de Ame, Cami, Bruna e Peque, Ari foi bloqueada por Ana e Cilene sentenciou.

Ficha técnica

Futsi Atlético Navalcarnero: Balbu, Leti, Ame, Anita Luján, María Sanz, cinco inicial; tamén xogaron Bruna, Ju Delgado, Ari, Marta, Gaby, Estela

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cami, Peque, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Cilene, Luci, Lara Balseiro, Jozi, Alves,

Goles: 1-0, minuto 29, Leti; 1-1, minuto 30, Cami; 1-2, minuto 32, Peque; 2-2, minuto 36, Leti // 2-3, minuto 46, Peque; 3-3, minuto 46, Leti

Penaltis: 1-0, Ame; 1-1, Cami; 2-1, Bruna; 2-2, Peque; Ari (fallo); 2-3, Cilene

Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa. Por Futsi, amarela a Ari. Por Burela, amarela a Jenny.

Incidencias: Partido correspondente á final de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño) disputado en Vista Alegre, rozando o aforo completo. D. Juan Rubiales, director de Gabinete de Presidencia da RFEF, e D. Pedro Rocha, presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, xunto ao secretario Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia, D. José Ramón Lete Lasa, e o alcade de Burela, D. Alfredo Llano García, presidiron o palco de autoridades, que tamén contou co apoio do presidente do CD Lugo, Tino Saqués, e o tenente de alcalde de Burela, Ramiro Fernández, entre outros.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.