18/06/2019

Unha Copa tamén para os máis pequenos

Unha Copa tamén para os máis pequenos
A I Copa de SM A Raíña non só deixou en Burela un espectáculo de ensoño sobre a pista e unha inmensa felicidade en forma de título, senón tamén un Vista Alegre con outra copa para as categorías de base, con dous torneos e un clínic de porter@s, ademais dunha zona de ocio infantil.

Antes das semifinais, o sábado pola mañá, a Bomboneira recibiu a Comarcal A Fervenza, Rodiles e Viaxes Amarelle para gozar xunto ás Xoias Laranxas dun cuadranglar na categoría alevín. A cita deu paso a un clínic para pequenos porteir@s, que contou co laranxa Iván Cao ‘Lucas’ entre o profesorado, xunto a Chipi e Fran Paz, desde A Fervenza, e Carlos Santamaría, do FSF Móstoles.

O domingo, o triangular infantil estivo protagonizado por Poio Pescamar FSF, o cántabro Muslera e A Fervenza.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.