24/06/2019

Domingo 30. Asemblea de Socios/as

Domingo 30. Asemblea de Socios/as
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o domingo 30 xuño de 2019. A reunión terá lugar na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, local 10, Burela); a primeira convocatoria está fixada para as 19.30 horas e a segunda para as 20.00.

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Orzamento Tempada 2019-20

3. Filialidade do Comarcal A Fervenza FSF

4. Rogos e preguntas

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.