03/07/2019

Joselito queda no Pescados Rubén

Joselito queda no Pescados Rubén
Seguen chegando as boas novas para o Pescados Rubén Burela FS da máxima categoría. A entidade mariñá chegou a un acordo con José Antonio Macías Pérez, Joselito, para a próxima tempada tras a rescisión do xogador con Palma Futsal, club no que militou nove tempadas.

O 2 laranxa recalou, en calidade de cedido, no conxunto de Juanma Marrube a finais de xaneiro, como reforzo da escuadra cunha perfecta combinación de mocidade e experiencia en Primeira na loita os laranxas polo ascenso. Con este paso, o Pescados Rubén Burela referenda a súa aposta pola continuidade dunha fisolofía e un bloque co que pelexar con ilusión e expectativas no bonito reto que se presenta por diante.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.