04/07/2019

Juanfran, outra cara coñecida no reto da elite

Juanfran, outra cara coñecida no reto da elite
O ala Juan Francisco Botía Galiano seguirá sendo burelista en 2019-20. Co 11 laranxa, o Pescados Rubén Burela FS de Primeira xa conta con catro renovacións, xunto a Pope, Luisma e Joselito, ademais de Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Renato e Pitero, e nun proxecto que se reforza nesta nova etapa cos alas Álex Diz e Everton, o pivote Amoedo e o gardameta internacional polaco Kaluza.

O murciano, de 27 anos, chegou á bisbarra da Mariña a tempada pasada dende o Naturpellet Segovia, co que tamén alcanzou a elite. Baixo a batuta de Juanma Marrube, en 2018-19 erixiuse como terceiro máximo goleador dos heroes do ascenso, con 14 dianas, por detrás de Mata, con 22, e Renato, con 16.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.