04/07/2019

A maxia de Cilene cumprirá a cuarta tempada na Mariña

A maxia de Cilene cumprirá a cuarta tempada na Mariña
A sempre máxica Cilene Pereira Paranhos tamén continuará na Mariña. A peche brasileira cumprirá a súa cuarta tempada no Pescados Rubén Burela FS, converténdose na segunda renovación da escuadra, tras a meta Ana Romero, e sumándose ás pichichis, Peque e Dany, con contrato en vigor.

A punto de cumprir 35 anos, a calidade e experiencia de Cilene constitúen un dos grandes puntais das Guerreiras. Tras alzarse como a máxima artilleira do conxunto hai 2 tempadas e ser recoñecida como Mellor Xogadora co Trofeo Viceroy 2017-18, a pegada da 6 burelista volveu entrar na Historia Laranxa en 2019, materializando o penalti que converteu o equipo mariñán en campión da I Copa de SM A Raíña, o pasado 16 de xuño en Burela, fronte ao todopoderoso Futsi Atlético Navalcarnero.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.