29/07/2019

Reserva xa a túa praza na Escola Laranxa 2019-20

Reserva xa a túa praza na Escola Laranxa 2019-20
Os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2019-20 a partir de mañá, martes 30, nas categorías de Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05).

Estableceranse dous períodos de matrícula con prioridade para aqueles nen@s que formaron parte da escola o curso pasado e teñen feita a preinscrición.

Confirmación de praza: Do martes 30 de xullo ao luns 5 de agosto; só para o alumnado preinscrito.

Novas inscricións, con prazas limitadas: Do martes 6 ao venres 30 de agosto, destinada a alumnado novo.

A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org//burelafs@burelafs.org. Como novidade haberá a posibilidade de facer todo a través dunha APP da que se poderán informar con máis detalle a través de mail ou por vía telefónica (982581815).

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas:

Chupete

Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 35 euros (Total: 120 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros)

Biberón

Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros)

Prebenxamín-Benxamín

Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 80 euros (Total: 210 euros)

Alevín-Infantil-Cadete

Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 72,5 euros (Total: 195 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 105 euros (Total: 260 euros)


Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo:


De Biberón a Cadete (165 €):
Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos) e chaquetón.

Chupete (55 €):
Nesta categoría o alumnado tan só deberá adquirir a roupa de adestramento.

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.

Horario de atención ao público

De luns a venres: 9.00-14.00 horas

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.