31/07/2019

Amoedo: 'Só con traballo se poden conseguir resultados'

Amoedo: 'Só con traballo se poden conseguir resultados'
O pivote zurdo Jacobo Amoedo estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, na presentación de laranxa. “Eu caracterízome por ser un traballador incansable, creo que esa é a única forma de conseguir resultados” explicaba o xogador natural de Pazos de Borbén que volve á liga española, estreándose na Primeira División, despois de tres tempada en Italia.

Amoedo, de 26 anos, arrancará oficialmente a pretempada co Pescados Rubén Burela FS mañá, con dobre sesión, no Monte Castelo e en Vista Alegre. “É un reto moi bonito. Dende a primeira chamada de Juanma xa me fixo moita ilusión; tiña ganas de volver a España. Nunca se sabe cando vai ser o momento. Sempre tiven ganas e ilusión por xogar preto da casa. Cando me xurdiu esta oportunidade non o pensei dúas veces” explicaba o novo laranxa.

Axed Groupo Latina, da Serie A, foi o destindo do xogador en 2016-17 desde o Bembrive de Segunda B. En 2017 ascendeu á Serie A1, onde militou con Meta Catania nas dúas últimas campañas. Como un dos catro reforzos mariñáns regresa a España: “Espero incorporarme ben, creo que hai un bo grupo e creo que os compañeiros e corpo técnico me van axudar para adaptarme axiña. Vexo unha Primeira División moi esixente, con todos os equipos moi reforzados. O meu obxectivo é o do equipo; como di Juanma, é ir partido a partido e así o faremos para conseguir manternos na categoría” explicaba o galego.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.