01/08/2019

A pretempada feminina arranca o 5 de agosto con Julio Delgado á fronte

A pretempada feminina arranca o 5 de agosto con Julio Delgado á fronte

O técnico Julio Delgado volverá liderar a nave do Pescados Rubén Burela FS en 2019-20 en Primeira RFEF, co inicio de pretempada xa previsto para o vindeiro luns, 5 de agosto. “É un proxecto de continuidade. Vivimos unha tempada bastante boa, aínda que se nos escapou a liga por un par de goles, o resto foi moi boa, co gran premio da Copa da Raíña en Burela, e por iso encaramos este novo ano con máis ilusión aínda”, explicaba o salmantino, arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego.

As Guerreiras Laranxas xa están preparadas para a volta ao traballo, nunha pretempada xa con moitos retos por diante: “Era lóxico que o bloque se mantivera pola gran tempada realizada, ademais chegan Ale de Paz e Jenny Lores, que nos darán un plus máis, con experiencia en Primeira División” reflexionaba Julio Delgado, que volverá contar co Peque, Dany, Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Luci, Jozi, Lara Balseiro, Jenny e Cris, ademais da novísima Cristina Lourés, de Comarcal A Fervenza.

“Imos traballar duro porque xa temos a Supercopa á portas. Se rematou ben 2018-19, co título de I Copa de SM A Raíña, tamén queremos comezar ben 2019-20; temos dous títulos en xogo no prazo de oito días e queremos ir a por todo” explicaba así o adestrador facendo referencia ao 4 Nations Futsal de Milán (31 de agosto e 1 de setembro), xunto á Supercopa (6 de setembro). “Aínda temos que compactar o equipo pero xa estamos pensando nesas dúas citas. Creo que temos que seguir o mesmo camiño, o equipo fixo un gran traballo este ano, día a día as xogadoras traballaron na busca de recompensas. Agora o reto é maior; despois de Copa da Raíña e de Copa Galicia, esta tempada queremos máis; a ambición é maior” confesaba Julio.

“Levo catro anos no equipo e creo que a tempada pasada foi un punto de inflexión, conseguimos dar varios a pasos a adiante despois dun par de tempadas de seca, entre eles o convenio colectivo; Pescados Rubén apostou moi forte por nós e iso queremos devolvelo” así se amosaba o técnico mariñán ante 2019-20.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.