13/08/2019

Ana Romero: 'Temos ilusión e ambición por volver facer algo histórico'

Ana Romero: 'Temos ilusión e ambición por volver facer algo histórico'
A engranaxe das Guerreiras Laranxas aos poucos ponse a punto. Volveu ao traballo apostando polo gran bloque do I Copa de SM A Raíña, con Ana Romero na súa cuarta tempada de laranxa, unha das garantías baixo paus: “Temos moita ilusión e moita ambición por volver facer historia. O final da tempada deixounos as mellores sensacións posibles, co título en Burela, e iso fixo que volvamos con máis ganas aínda” explicaba a murciana, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez.

As pupilas de Julio Delgado xa cumpriron coa súa primeira semana de pretempoda: “Desde o primeiro momento estamos traballando moi duro, como estamos afeitas. O equipo está bastante ben e as incorporacións estanse adaptando moi ben” explicaba a 12 mariñá, facendo referencia ás súas novas compañeiras, Ale de Paz e Jenny Lores.

Optimismo, compromiso e novas aspiracións reflíctense nos ollos de Ana Romero. “Quero seguir avanzando, aprendendo e superándome, como levo facendo tempada tras tempada. Espero conseguir novos títulos e novos retos” confesaba a porteira, cun gran latexo nas posibilidades e metas do Pescados Rubén de Primeira RFEF: “Temos o obxectivo claro, fame de gañar e aptitude. A clave deste equipo creo que está no equilibrio. Somos un equipo moi compensando, temos un pouco de todo, e sobre todo temos as cousas moi claras” puntualizaba a laranxa.

Primeiro test, en Marín

O Fisgón, de Segunda, e Ourense Envialia FSF, de Primeira, serán os rivais das burelistas no primeiro test 2019-20, este domingo en Marín, a partir das 17.30 horas (A Raña).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.