Actualidade
O Futuro Laranxa tamén arranca a pretempada
As Nosas Xoias tamén se están poñendo mans á obra coa pretempada. Os conxuntos Xuvenil e Cadete do Pescados Rubén Burela FS volveron á pista de Vista Alegre para poñerse a punto; os primeiros xa levan unha semaniña de adestramentos e os segundos comezaron onte pola tarde.
Os Xuvenís serán os primeiros en estrear a axenda de amigables, co Torneo Burela Bonita (23-25 de agosto). Xunto aos Cadetes, tamén disputarán o Torneo Ciudad del Deporte de Valladolid (31 de agosto e 1 de setembro).
Matrícula da Escola 2019-20, ata o 30 de agosto
A matrícula da Escola Laranxa para o vindeiro curso estará aberta ata o 30 de agosto para as categorías Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05).
Poden descargar o formulario e atopar toda a información nesta LIGAZÓN.
.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas