19/08/2019

Luisma: 'Fronte a Movistar fomos o equipo que queremos ser'

Luisma: 'Fronte a Movistar fomos o equipo que queremos ser'
O Pescados Rubén Burela FS mediuse o sábado a Movistar Inter, en Toledo, no segundo desprazamento da pretempada laranxa. “Fomos o Burela que queremos ser. Non puidemos levar a vitoria, pero con esta liña de traballo podemos conseguir o obxectivo que nos propuxemos. O equipo traballou moi ben, sobre todo en defensa, aínda que nos faltou acerto na finalización, algo lóxico de pretempada coa carga física de traballo” explicaba Luisma, co axustado marcador de 0-1, con diana de Gadeia.

O ala-pivote logroñés vivirá a súa terceira tempada na Mariña como unha das referencias de veteranía e solidez da filosofía do Mariskal: “Estou moi contento. Eu sempre dixen que se nun club estás a gusto e te valoran a categoría é algo secundario. No meu anterior equipo, Navarra, estiven nove anos e con Pescados Rubén así o sentín desde o primeiro momento, en Segunda División e agora en Primeira” apuntaba o 6 laranxa, disposto, coma sempre, a seguir entregando a mellor das súas versións e, sobre todo, o seu meticuloso traballo en 2019-20: “O obxectivo do equipo é claro; temos o nada doado reto da permanencia por diante. Cando acabe a primeira volta poderemos facer valoracións de como está o equipo e a que podemos aspirar” explicaba p Luisma, afanado en “axudar o equipo en todo que poida, coma sempre. Sabemos que este ano temos un cadro máis amplo e que o rol de todos vai cambiar un pouco, pero eu seguirei estando a disposición sempre; todos imos ser importantes dependendo das fases da tempada”.

Os pupilos de Juanma Marrube mergúllanse na cuarta semana de preparación amoldándose: “Pois estamos con moito traballo físico e puíndo aspectos tácticos, sobre todo en fase de axustar as incorporacións ao noso traballo. Aos poucos vanse adaptando á nosa dinámica, sobre todo á táctica do equipo; somos un bloque forte que xa sabía como traballar con Juanma e eles entraron ben. Michal ten o hándicap do idioma, pero está aprendendo e ten moita ilusión. Álex e Everton xa os coñecemos mellor. E Jacobo tamén se está adaptando moi ben e pódenos axudar moito na posición de pivote” concluía así Luisma, falando das caras novas nas filas burelistas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.