27/08/2019

Juanfran: 'Traballando duro as cousas serán máis doadas en tempos difíciles'

Juanfran: 'Traballando duro as cousas serán máis doadas en tempos difíciles'
“En ilusión, ganas e compromiso para min será como o primeiro día, pero as esixencias van ser moito maiores este ano. Polo tanto, o equipo moral e deportivamente debe dar un paso adiante, todos temos que sentirnos importantes e así, entre todos, poderemos sacar o proxecto adiante. Traballando duro as cousas van ser máis doadas en tempos difíciles” aseguraba o murciano Juanfran, que cumprirá a súa segunda tempada na filas do Pescados Rubén Burela FS, como un dos heroes do ascenso, disposto a unha axuda sen límites neste bonito reto de Primeira LNFS.

“Estamos traballando moi ben. O equipo ten unha boa base do ano pasado e coñecémonos ben; ademais os novos estanse axustando ben, pero temos aínda moito traballo por diante. Aos poucos iranse vendo os resultados” reflexionaba así o 11 burelista sobre o comezo de 2019-20.

Tras o inicio de pretempada o 1 de agosto e con varios compromisos ao longo do mes, os pupilos de Juanma Marrube presentáronse ante a súa afección a fin de semana no Torneo Burela Bonita, nun cartel de Primeira: “Houbo un pouco de todo. Xa se viu o ano pasado, con equipos contra Palma, coa súa entidade, se cometes un erro págalo caro e sabemos que nos vai a pasar se non atallamos isto. Contra O Parrulo fixemos un bo partido, tíñamolo controlado, pero trabucámonos á hora de enfocar a recta final e ao final non puidemos quedarnos co marcador” valoraba así o ala levantino.

Semana de Copa Galicia

“Sabemos que as citas de Copa Galicia son partidos trampa; os equipos están sempre moi motivados, con rivais que seguramente van ao límite, coa xente apertando. Adestrando e traballando como o estamos facendo deberiamos liquidar a eliminatoria” explicaba o 11 burelista, antes a primeira cita irmandiña, prevista para este xoves, 29, ás 21.00 horas na pista do Begonte FS. No caso de saír vitoriosos, os mariñáns mediranse o sábado 31, en oitavos, ao gañador entre Prone e Ribeira.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.