31/08/2019

Pescados Rubén, primeiro finalista do 4 Nations Futsal

Pescados Rubén, primeiro finalista do 4 Nations Futsal
O Pescados Rubén Burela FS estreou o seu periplo italiano con bo pé, selando o pase á final do 4 Nations Fusal Women’s Cup de Milán cunha clara vitoria sobre o Laguna Uor de Rusia (2-9). As Guerreiras Laranxas pelexarán mañá, ás 15.00 horas, polo título fronte ao gañador da segunda semifinal, o anfitrión, Kick Off C5 Milano, que se impuxo ao ucraíno Budstar FSF (2-1). A cita poderá seguirse a través da páxina de Facebook Divisione Calcio a Cinque.

As campioas do I Copa de SM A Raíña encamiñaron a cita nos primeiros compases, con diana da artilleira Peque, que xa ampliou vantaxe antes do ecuador da primeira parte. Cilene puxo o terceiro antes do descanso. No regreso á pista, Jenny Lores deu outro golpe de autoridade fronte a un rival que puido reducir distancias pouco despois. As pupilas de Julio Delgado non estaban dispostas a ceder e demostrárono coa súa finalización letal; do 1-4, en tan só un minuto ampliaron ata o 1-8, nas zapatillas de Ale de Paz, Luci, a meta Jozi e Lara Balseiro. Krupina volveu ter fortuna para mitigar o mazazo español, no 36, aínda que de pouco lle serviu. A tres minutos para o descanso foi a brasileira Jane a encargada de clausurar o triunfo co definitivo 2-9.

Ficha técnica

Laguna Uor: Navozova, Rodkina, Samaiilova, Chernova, Alemaikina, cinco inicial; tamén xogaron Margaryan, Enina, Samoilova, Krupina

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cilene, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jenny Lores, Jenny, Lara Balseiro, Jane, Luci, Bea Mateos, Jozi

Goles: 0-1, minuto 2, Peque; 0-2, minuto 9, Peque; 0-3, minuto 14, Cilene; 0-4, minuto 27, Jenny Lores; 1-4, minuto 28, Krupina; 1-5,minuto 29, Ale de Paz, 1-6, minuto 29, Luci; 1-7, minuto 29, Jozi; 1-8, minuto 30, Lara Balseiro; 2-8, minuto 36, Krupina; 2-9, minuto 37, Jane

Árbitros: Luigi La Sorsa (Milano) // Silvia Volonterio (Como)

Incidencias: Primeira semifinal do 4 Nations Futsal disputada no Palazetto dello Sport de Milán

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.