02/09/2019
Jenny: 'Este título é unha motivación máis para Supercopa'
As Guerreiras Laranxas comezan unha nova semana de grandes retos tras o seu periplo europeo. O Pescados Rubén Burela FS chegará esta noite á casa logo dunha longa viaxe, tras conquistar a II 4 Nations Futsal Women’s Cup onte en Milán. “Este título é unha motivación máis para ir a por todas á Supercopa de España, para medirnos ao noso eterno rival” confesaba a lusa Jenny mirando xa ao compromiso deste venres, en Las Rozas (21.00 horas), fronte a Futsi Atlético Navalcarnero.
“Puidemos gozar dun campionato internacional con moi boas sensacións. O traballo de pretempada, de case un mes, notouse; ofrecemos o noso mellor nivel, sen acusar rotacións, poñendo en práctica moito do que estamos adestrando e moito acerto na estratexia. Creo que o noso nivel chocou un pouco coa falta de rodaxe dos rivais, con menos tempo de pretempada” valoraba así a 9 burelista a súa experiencia en Italia, con vitorias ante o ruso Laguna Uor (2-9), en semifinais, e o anfitrión Kick Off C5 (3-8), na final.
As mariñás xa terán que facer as maletas para poñer rumbo a Madrid o xoves. “En tan só tres días xa viaxamos de novo, aproveitaremos para descansar e concentrarnos ao máximo. Sabemos que temos un moi bo bloque pero debemos demostralo na pista; chegou o gran momento” recoñecía a ala portuguesa, entusiasmada coa súa terceira campaña na bisbarra e no fútbol sala español: “É o primeiro ano que comezo a traballar desde o primeiro día co equipo; cheguei no mercado de inverno en 2018 e a tempada pasada a miña convocatoria con Portugal impediume realizar a pretempada. Atópome moi ben fisicamente e quero contribuír con moito este ano ao equipo” reflexionaba Jenny.

Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas