12/09/2019

As supercampioas abren a Tarde Laranxa con festa irmandiña

As supercampioas abren a Tarde Laranxa con festa irmandiña
O Pescados Rubén Burela FS arrinca unha nova aventura de Primeira RFEF este sábado, con Tarde Laranxa. As supercampioas de España brindarán o seu título a Vista Alegre antes da festa irmandiña, ante o Poio Pescamar FSF (16.15 horas, TVG2).

“Teño moitas ganas de que empece a liga e de xogar contra Poio, deixei amigas alí; quero velas e quero saber qué vou sentir sendo agora rivais” confesaba unha das caras novas das Guerreira Laranxas, a nedense Ale de Paz.

Despois de 40 días de pretempada e cos títulos de 4Nations Futsal de Milán e Supercopa, a ala-peche desprende ilusión por milleiros, co brillante inicio do seu novo fogar: “O Pescados Rubén chega nun gran momento; queremos empezar ben a liga e gañalo todo. O Poio ten moitas caras novas e non sabería qué dicir, desde o adestrador; ten xogadoras verticais e ofensivas, con moito gol, pero como equipo non sé como se vai presentar” apuntaba a nova 17 mariñá do equipo no que militou as últimas catro tempadas.

Ale estase adaptando á perfección na Mariña; na Cidade do Fútbol, a semana pasada ata deixou o seu selo golegador no 2-6 fronte ao Futsi Atlético Navalcarnero: “Non son unha xogadora que destaque de cara a gol, pero estou moi contenta, tamén sorprendida, e se podo seguir así estarei encantada. Espero seguir nesta liña, achegar todo o posible, e estar ao nivel de todas as miñas compañeiras, que é moi difícil” explicaba a burelista de 24 anos, invitando a grande estrea: “Vista Alegre sempre me parece unha festa e iso que só o coñezo de momento como rival. Tal e como se vive aquí o fútbol sala, non só nós estamos ilusionadas, tamén a xente pola rúa. Será outra festa do fútbol sala e máis con dous partidos”, adiantaba a nedense, con grandes metas e grandes soños: “Oxalá sigamos nesta liña para poder conseguir todos os títulos que se nos presentan por diante. Para iso temos este equipo””.

O cadro de Julio Delgado e Lucas realizará a última sesión mañá ás 11.30 horas, con todos os efectivos a excepción da lesionada Cristina, que continúa co proceso de recuperación de xeonllo.

Segunda sesión, cun delicioso aperitivo

Para recuperar forzas antes do debut en Primeira LNFS, con Industrias Santa Coloma (20.30 horas), a afección de Vista Alegre poderá degustar un delicioso bocadillo de chourizo á brasa, por tan só 1 euro.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.