13/09/2019

Regreso á elite ante Santa Coloma, en Tarde Laranxa

Regreso á elite ante Santa Coloma, en Tarde Laranxa
O Pescados Rubén Burela estreará a liga mañá, no seu regreso á elite, pechando unha Tarde Laranxa; os pupilos de Juanma Marrube recibirán nesta primeira xornada ao Industrias Santa Coloma (20.30 horas), que arrinca na competición regular co grande aliciente do título de Copa Catalunya, arrebatado a nin máis nin menos que FC Barcelona (4-3) esta semana.

“É un inicio moi ilusionante. Logo de dous anos en Segunda imos poder gozar de novo da que sempre pensamos que é a nosa categoría. Atopámonos con moitas ganas e esperamos empezar con bo pé, ademais na casa, cos tres puntos” recoñecía un dos estandartes da filosofía burelista, o pívot Jorge Matamoros.

Os mariñáns reestréanse en Primeira precisamente fronte a toda unha referencia da LNFS, ante un rival co que Mata debutou de laranxa en Vista Alegre anotando un hattrick, hai xa seis anos: “É un equipo que historicamente sempre compite ben, é un equipo dun para un, con xogadores sempre de calidade, que ademais se reforzou ben, con xente nova” encomiaba así o 10 as virtudes de Santa Coloma, vendo “un partido vistoso porque Santa Coloma xoga e deixa xogar”.

“Estamos puíndo os fallos defensivos, as perdas nos primeiros metros, e traballando a táctica e a finalización” explicaba Matamoros dos últimos detalles tras case oito semanas de pretempoda e desexando que comece a festa do fútbol sala: “Temos moitas ganas de volver competir contra os mellores. É unha estrea moi bonita tamén para a afección cos dous equipos na casa, ademais do recente título de Supercopa de España Feminina. Esperamos que tamén unha tarde laranxa e os dous saiamos con vitoria” apuntaba o madrileño, facendo referencia ao comezo do conxunto de Julio Delgado en Primeira RFEF.

“Será un ano moi difícil e esixente. A clave estará en mentalidade, ganae e ilusión. Gústame facer goles, pero o importante será a vitoria. Eu vou estar para o que me diga Juanma achegando o meu grao de area” concluía Mata, no comezo do seu periplo na oitava tempada na Mariña.

Juanma Marrube contará con todos os seus efectivos, a excepción de Pitero, que continúa co proceso de recuperación da súa pubalxia.

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Luisma, 7. R. Vargas, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 23. Amoedo, 24. M. Kaluza

Convocatoria Industrias Santa Coloma: 1. Borja Puerta, 2. Khalid, 4. Uri Santos, 8. Well, 9. Pablo Vidal, 10. Sepe, 12. A. Cardona, 16. David, 17. Sebas Corso, 21. Verdejo, 26. Feixas, 30. Bruno Petry

Primeira sesión, cun delicioso aperitivo

Para recuperar forzas, tras a estrea ligueira das supercampioas de España con Poio Pescamar FSF (16.15 horas, TVG2) en Primeira RFEF, a afección de Vista Alegre poderá degustar un delicioso bocadillo de chourizo á brasa, por tan só 1 euro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.