20/09/2019

Osasuna, primeira proba a domicilio

Osasuna, primeira proba a domicilio
Os pupilos de Juanma Marrube terán a súa primeira proba a domicilio na elite mañá na sempre complicada pista de CA Osasuna Magna (Anaitasuna, 20.00 horas). “Vai ser un partido moi duro. Nós temos que ir con moitas ganas e ilusión, como xogamos fronte a Santa Coloma, coa mesma intensidade, seguir puíndo o que estamos traballando durante a semana e así as cousas ir mellorando pouco a pouco” advertía Álex Diz, coñecedor do rival tras o seu paso polo conxunto a tempada pasada.

Ambas as escuadras chegan á cita na busca dos primeiros puntos. Os burelaos non puideron estrear a cuadrícula ante Santa Coloma (1-3), igual que os navarros, que sucumbiron ante o novel Córdoba Patrimonio (1-0): “O bloque importante de xogadores é o mesmo. É un equipo moi intenso e con moita mobilidade, ademais de ser fortísimo na súa casa” explicaba o novo 22 laranxa, sen confiarse ante este inicio do rival: “O ano pasado tampouco tivera un bo inicio, pero iso non é indicativo de nada. Sabemos que será moi duro, pero tamén creo que se facemos as cousas ben temos posibilidades de regresar con algo positivo desa cancha”.

“Ganas, traballo e intensidade é o que se vive no vestiario. Juanma sabe que na xornada demos o máximo; teremos que ir mellorando detalles e incrementar o acerto nas nosas oportunidades. Se seguimos nesta liña de traballo conseguirémolo” puntualizaba o lugués.

A expedición, que realizou esta mañá en Marzán a última sesión da semana, partirá ás 14.30 horas.

Segundo informou o Osasuna, Llamas non entrará na convocatoria por lesión sufrida na primeira xornada e entrarán os xuvenís Ion Cerviño e Íñigo Fernández.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Luisma, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza

Kaluza, coa Selección Polaca

O meta burelista defenderá nunha ocasión máis a Selección de Polonia; concentrarase co combinado do seu país entre o 22 e o 26 de setembro para participar no Futsal Visegrad Tournament fronte a Eslovaquia, Hungría e República Checa, en Krosno.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.