21/09/2019

Móstoles 1-4 Pescados Rubén

Móstoles 1-4 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme neste inicio de liga. Os tres primeiros puntos a domicilio soben á cuadrícula laranxa nesta segunda xornada nunha pista, a do Móstoles FSF (1-4), que sempre suscitou dificultade ás pupilas de Julio Delgado; con todo esta tarde chegáronlles os 11 primeiros minutos para distanciarse con catro goles.

As Guerreiras encamiñaron case desde a bucina inicial a cita, cunha primeira parte excelente, de gran dominio e precisión, ante un rival que apenas xerou ocasións. Aos 9 segundos xa Ale de Paz inaugurou o electrónico de estratexia, unha vantaxe que conseguiron ampliar Jenny Lores, no minuto 2, nun roubo de presión, Lara Balseiro, no 8, nunha gran combinación, e de novo a 17 mariñá, de novo de estratexia.

Con esa renda, tras o descanso baixaron un pouco a intensidade as galegas, fronte a un Móstoles que só puido ver portería na recta final, aproveitando unha perda en saída de balón que finalizou Inma.

Ficha técnica

Móstoles FSF: Miri, Patri Chamorro, Benete, Celia, Inma, cinco inicial; tamén xogaron Andreza, Desi Godoy, Shiori

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jane, Ale de Paz, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cilene, Bea Mateos, Jenny, Lara Balseiro, Luci, Jozi

Goles: 0-1, min. 1, Ale de Paz; 0-2, min. 2, Jenny Lores; 0-3, min. 8, Lara Balseiro; 0-4, min. 11, Ale de Paz; 1-4, min. 38, Inma

Árbitros: Jorge Moreno Durán // Carlos Panadero Díaz-Concha (Madrid). Por Burela amarela Peque e Jenny Lores

Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira RFEF disputado en Villafontana

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.