21/09/2019

Osasuna Magna 3-1 Pescados Rubén

Osasuna Magna 3-1 Pescados Rubén
Os pupilos de Juanma Marrube non puideron puntuar esta tarde en Anaitasuna. A orde e a concentración do Pescados Rubén Burela FS sucumbiron á determinación a balón parado do CA Osasuna Magna (3-1), nunha segunda xornada na que para navarros e galegos o gol foi sinónimo de estratexia.

Juninho adiantou os locais no minuto 6, logo de dúas tentativas infrutuosas ante Edu, de Rafa Usín e do propio brasileiro. No 13 avisou con moito perigo Renato en contragolpe e chegou o empate no 15; a maxia do 10 laranxa igualou a contenda, de falta directa por toda a escuadra. A falta de tres para o descanso, Álex Diz enfundouse na camiseta de porteiro xogador e os locais reaccionaron do mesmo xeito nos últimos pasos da primeira parte, sen cambios no marcador.

Roberto Martil, ao pau, e Mata, fronte a Asier, protagonizaron os primeiros compases do reinicio, gañando perigo, aínda que non acerto, os mariñáns. Tras saque de esquina, Mancuso devolveu a iniciativa dos locais, tras o descanso, no ecuador da segunda parte. Lucho, Juanfran e Renato dispuxeron de boas ocasións para devolver as táboas, pero foi de novo Mancuso o que atopou portería, a balón parado, para o 3-1, a falta de case catro minutos para o final. Matamoros liderou o xogo de cinco con dous aínda por diante, sen tempo para máis.

Ficha técnica

CA Osasuna Magna: Asier, Araça, Mancuso, E. Martel, Bynho; tamén xogaron Roberto Martil, Juninho, Rafa Usín, Íñigo Fernández, Ion Cerviño

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Pope, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Joselito, Juanfran, Everton

Goles: 1-0, minuto 5, Juninho; 1-1,minuto 15, Matamoros; 2-1, minuto 30, Mancuso; 3-1, minuto 36, Mancuso

Árbitros: González Moreta // Sánchez Chamorro. Por Magna amarela a Roberto Martil . Por Burela amarela a Luisma (minuto 21).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira LNFS disputado en Anaitasuna

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.