9 de outubro, inicio copeiro para as Campioas Galegas ante Valdetires
As campioas de Copa Galicia iniciarán o seu periplo nunha nova edición da cita irmandiña o 9 de outubro, en Vista Alegre, recibindo o Valdetires Ferrol FSF, de Segunda División.
O encontro, correspondente á xornada 1 da primeira fase, arrancará ás 21.00 horas, encadrado no Grupo 1, xunto ao FSF Castro Bloques Cando.
O enfrontamento entre burelistas e ferrolás servirá de termómetro para o seu próximo cara a cara, no novo formato de Copa da Raíña, en dezaseisavos, previsto para o 6 de decembro, na pista do conxunto de Segunda.
Jenny Rodrigues, de novo con Portugal
Jenny Rodrigues será a terceira cara laranxa no duelo de internacionais de Huelva da vindeira semana, entre España e Portugal. Ao chamamento de Peque e Jenny Lores coa Vermella súmase a 9 burelista, co combinado luso.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas