26/09/2019

Conxura de Vista Alegre para abrir a cuadrícula laranxa (venres 27, 21.00 horas)

Conxura de Vista Alegre para abrir a cuadrícula laranxa (venres 27, 21.00 horas)
Vista Alegre xa está preparado para recibir mañá o Levante UD FS (21.00 horas), coa mellor das actitudes e a maior forza para abrir a cuadrícula en Primeira LNFS, nesta terceira xornada: “Xogámonos tres puntos importantísimos. O cadro está con moitas ganas de chegue xa o venres para conseguir a primeira vitoria da tempada e diante da nosa afección” confesaba o murciano Juanfran.

O equipo que adestra o lugués Diego Ríos e que conta co xogador de pasado laranxa Javi Rodríguez nas súas filas recala na Mariña con 3 puntos, logo de estrearse na liga con vitoria ante Palma Futsal (1-2) e sucumbir fronte ao novel Córdoba Patrimonio (2-3) a semana pasada: “Creo que será de novo un partido competido, coma os dous anteriores, fronte a un equipo que minimiza moito os erros. A contundencia nas áreas fará decantar a balanza” advertía o 11 laranxa, convencido de romper a dinámica burelista esta semana: “Estamos traballando ben. Na lectura dos partidos vemos moitas cousas positivas, estamos realizando unha boa presión, os equipos non nos crean un perigo moi superior. De momento estanos freando esa contundencia en área; estamos tendo ocasións claras, pero estamos errando na materialización. Niso debemos fixarnos” reflexionaba Juanfran, apelando ao gran apoio da Bancada Laranxa: “Vista Alegre ten que ser o noso parapeto, unha das claves da tempada, sobre todo nos momentos delicados”.

Juanma Marrube dará a convocatoria definitiva mañá. A única ausencia segura será Pitero, que continúa co proceso de recuperación da súa pubalxia.

M. Kaluza reincorporarase esta tarde aos adestramentos logo de participar esta semana coa Selección de Polonia no Torneo de Visegrad.

Sábado Laranxa

O balón volverá rodar con fútbol sala de elite o sábado, coa terceira xornada de Primeira RFEF, entre Pescados Rubén Burela FS e Majadahonda FSF (18.30 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.