28/09/2019

Primeira parte de goles para encamiñar unha nova vitoria, con 5-0 sobre Majadahonda

Primeira parte de goles para encamiñar unha nova vitoria, con 5-0 sobre Majadahonda
O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme. Sumou a terceira vitoria de tres encamiñando de novo con solvencia na primeira parte fronte a Majadahonda FSF con marxe de 3-0 xa no minuto 15. As Guerreiras escribiron o guión ao seu antollo, demostrando superioridade en posesión e eficacia, tanto en ataque como en defensa, ante un rival que pelexou por plantar cara no primeiro acto, sobre todo en custodia da súa rede, e acusou o desgaste no segundo.

Dany fronte á meta visitante, nun pase de Peque, foi a primeira en avisar con moito perigo no 4. Ale de Paz, a continuación, nada máis saltar á pista intentouno fronte a Lauri, cun pé moi oportuno da meta madrileña; antes protagonizara a súa grande oportunidade o Majadahonda, en contragolpe, liquidado por Ana Romero. E foi precisamente a 17 burelista a encargada de avantaxar as de Julio Delgado no minuto 7, cun centro, que se lle coou entre as pernas á porteira desviando a traxectoria e superando a liña de meta. Jenny, nunha tentativa de despexe do rival, e Cilene, en cesión de Dany, ampliaron a renda entre o 14 e o 15. Lauri evitou coa man o cuarto mariñán, nun potente disparo de lonxe de Luci, nos últimos segundos da primeira parte.

Reinicio con compases iniciais de ocasións en ambas as redes. Ale de Paz, fronte a Coral, non atopou a traxectoria correcta para superar a Lauri e acto seguido o pase da propia Coral non puido controlalo Cels fronte a Jozi. Recuperou sen complicacións o conxunto de Julio Delgado e Lucas o monólogo laranxa. Antes do 25 intentouno Peque en carreira desde a banda; chegaba Bea Mateos ao segundo pau, pero conseguiu despexar Lauri. No 27, Jane tampouco saíu vitoriosa no man a man fronte á meta madrileña. No 33, foi a quenda de Jenny Lores de vaselina petando con Mali para manterse co 3-0. Por fin, chegou o cuarto, no 37, con firma de Bea Mateos, en pase de Lara Balseiro. O definitivo 5-0 subiu a 52 segundos da bucina final, nunha contra conducida por Luci, que sentenciou Ale de Paz. Jozi aínda o intentou a porta baleira in extremis.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Jane, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Ale de Paz, Jenny Lores, Luci, Jenny, Lara Balseiro, Jozi

Majadahonda FSF: Lauri, Carmen, Chili, Cels, Mali, cinco inicial; tamén xogaron Coral, Pitu, Moni, Sheila, Desi, Jess

Goles: 1-0, minuto 7, Ale de Paz; 2-0, minuto 14, Jenny; 3-0, minuto 15, Cilene; 4-0, minuto 37, Bea Mateos; 5-0, minuto 40, Ale de Paz

Árbitros: Cueto Rodríguez // Rodríguez Rendal (Asturias)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira RFEF disputado en Vista Alegre ante unhas 600 persoas

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.