05/10/2019

O Pescados Rubén cumpre sen erro, con outro triunfo claro (1-5)

O Pescados Rubén cumpre sen erro, con outro triunfo claro (1-5)
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu sen erro na cuarta xornada para manter o pleno, con outro triunfo claro, con 1-5 sobre o Cidade das Burgas. Tras a vantaxe inicial de 0-2 das Guerreiras Laranxas, as ourensás puideron achegarse sobre o descanso. Na segunda parte, co xogo de cinco, as mariñás atoparon no marcador o reflexo merecido ao seu dominio, control e superioridade.

Jane estreou o luminoso no minuto 6, ao recoller unha tentativa de Dany. Antes Luci puxera a proba a rede ourensá desde saque de esquina. Peque, por partida dobre, Ale de Paz e Dany dispuxeron de grandes ocasións para ampliar as distancias, pero non foi ata o minuto 13 cando chegou o segundo das laranxas nun bo entendemento entre Ale e Dany, en contragolpe. Luci apostou polo terceiro, sen éxito, nun par de ocasións. A falta de 37 segundos para a conclusión do primeiro acto, o Cidade reduciu con 1-2, tras saque de banda.

Bea Mateos capitaneou o xogo de cinco no minuto 27 en busca de ampliar a fenda. Así, Peque selou o 1-3, nun grande entendemento con Cilene no 29. O conxunto mariñán conseguiu facer dano coa súa circulación rápida e presión abafadora. A falta de catro para a bucina final, Peque volveu facer acto de presenza na materialización nunha incursión de Ale de Paz que Jenny Lores cedeulle á 7 burelista para sentenciar. Dany anotou o 1-5 definitivo no minuto 39, en colaboración con Jane, ante unha porteira adiantada e superando as intencións de defensa local por freala.

Ficha técnica

Cidade das Burgas: Ana Lastra, Clara, María Arias, Nahir, Amelia, cinco inicial; tamén xogaron Sonia, Natalia, Aroa, Canolich, María López

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Bea Mateos, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Lara Balseiro, Luci, Jenny Lores, Peque, Jenny

Goles: 0-1, minuto 6, Jane; 0-2, minuto 13, Dany; 1-2, minuto 20, Amelia; 1-3, minuto 29, Peque; 1-4, minuto 36, Peque; 1-5, minuto 39, Dany

Árbitros: Muñoz García // Vanegas Betancur (Asturias). Por Burela amarela para Peque (minuto 28), Jenny Lores (minuto 30)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primeira RFEF disputado nos Remedios de Ourense

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.