05/10/2019

Demasiado castigo para o gran traballo laranxa

Demasiado castigo para o gran traballo laranxa
O Pescados Rubén Burela FS recibiu un castigo excesivo no marcador para o gran traballo realizado esta tarde na pista do titánico Movistar Inter (7-2). Os de Juanma Marrube souberon repoñerse á rápida iniciativa verde e ata conseguiron chegar con vantaxe de 1-2 ao descanso. A partir da medianía do segundo acto e logo de ocasións en ambas as metas, os de Torrejón de Ardoz conseguiron apropiarse do electrónico.

O conxunto de Juanma Marrube atopouse axiña co lastre do gol interista, xa no minuto 2, a través de Pito. Malia iso os mariñáns souberon como conter o potencial verde. Nun potente disparo, Matamoros, antes do ecuador da primeira parte, avisou a J. Herrero da coraxe burelista. No 13, o meta local conseguiu de novo desartellar as posibilidades dos galegos sacando milagrosamente un balón, pero nada puido facer segundos despois coa falta sentenciada por Renato, que subiu o 1-1. O Pescadso Rubén contivo o perigo ofensivo; o balón de Pito, no 16, foise por pouco, e Edu, no 18, freou o disparo de Gadeia. Foi entón cando a alma Laranxa fixo acto de presenza, sorprendendo Pope de disparo cruzado para poñerse por diante.

Recuperou o Movistar a igualada grazas a Bebe, no minuto 26, e freou Álex pouco despois o que podería ser a vantaxe local. O Pescados Rubén non baixou os brazos; avisou con moito perigo Pope e Renato tivo o terceiro nas súas zapatillas, xa con xogo de cinco, pero fóiselle por moi pouco. Nuns minutos de moita presenza en ambas as redes, a temperanza do Movistar soubo agarrarse ao que desaproveitoru Burela e así, no 31, en tan só un minuto se apropiou do electrónico con tantos de Gadeia e Borja, que ampliou Ortiz no 34. A coraxe burelista non se mitigou; a punto estiveron de sorprender a J. Herrero no 36, aínda que xa pesaba demasiado a desvantaxe. Solano completou a renda por partida dobre na recta final, con 7-2.

Ficha técnica

Movistar Inter FS: Jesús Herrero, Borja, Ricardinho, Ortiz, Pito; tamén xogaron Gadeia, Bebe, Marcel, Marlon, Solano

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, R. Vargas, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Everton, Joselito, Álex Diz, Matamoros, Juanfran

Goles: 1-0, minuto 2, Pito; 1-1, minuto 13, Renato; 1-2, minuto 19, Pope; 2-2, minuto 26, Bebe; 3-2, minuto 31, Gadeia; 4-2, minuto 32, Borja; 5-2, minuto 34, Ortiz; 6-2, minuto 38, Solano; 7-2, minuto 40, Solano

Árbitros: García Hernández // Redondo Arenales. Por Movistar amarela para Marlon (minuto 13), Gadeia (minuto 34). Por Burela amarela a Lucho (minuto 8), Juanfran (minuto 27)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primeira LNFS disputado no Jorge Garbajosa de Torrejón de Ardoz. O conxunto laranxa saltou á pista coa mensaxe de “Forza Iago” nas súas camisetas do fair play como apoio ao 5 burelista, lesionado de ligamentos e meniscos a semana pasada.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.