23/10/2019

Billete para a semifinal irmandiña, con festa de goles

Billete para a semifinal irmandiña, con festa de goles
O Pescados Rubén Burela FS selou o billete para a semifinal irmandiña esta noite na pista do Castro Bloques Cando, de Segunda División, cunha festa de goles laranxas 1-11, con vantaxe de 0-5 xa ao descanso.

Dany, Luci por partida dobre, Jenny Lores e Cilene abriron a fenda no primeiro acto. A coruñesa anotou o terceiro, no seu cómputo persoal, no regreso á cancha. Peque fixo acto de presenza antes de chegar ao ecuador para subir un dobrete en menos dun minuto. A local Lara conseguiu mitigar a avalancha burelista no 30, co 1-8, que non influiu no dominio, control e finalización das pupilas de Julio Delgado e Lucas, con novas aparicións de Jenny Lores e Peque, xunto á estrea de Bea Mateos, para completar o 1-11 definitivo.

As mariñás posiciónanse así como cabeza do Grupo 1 na segunda de tres xornadas desta eliminatoria. Sen alteración na clasificación, o Castro aínda terá que verse as caras co Valdetires Ferrol FSF, que sucumbiu 1-9 fronte as laranxas en Vista Alegre.

Ficha técnica

Castro Bloques Cando FSF: Uxía, Vero, Pasto, Lara, Paula, cinco inicial; tamén xogaron Andrea, Rosalía, Area

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Jenny, Bea Mateos, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Ale de Paz, Peque, Cilene, Luci, Lara Balseiro, Ana Romero

Goles: 0-1, minuto 1, Dany; 0-2, minuto 6, Luci; 0-3, minuto 11, Jenny Lores; 0-4, minuto 12, Cilene; 0-5, minuto 16, Luci; 0-6, minuto 21, Luci; 0-7, minuto 29, Peque; 0-8, minuto 29, Peque; 1-8, minuto 30, Lara; 1-9, minuto 33, Jenny Lores; 1-10, minuto 34, Peque; 1-11, minuto 38, Bea Mateos

Árbitros: Suárez Blanco // Gómez Arias. Por Burela amarela para Jenny (minuto 9)

Incidencias: Segundo partido da fase de grupos da XIV Copa Galicia, disputado no pavillón de Castro

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.