23/10/2019

Os de Juanma Marrube tamén se apuntan ás semifinais da Copa

Os de Juanma Marrube tamén se apuntan ás semifinais da Copa
O equipo de Juanma Marrube pechou a dobre xornada de Copa Galicia con outro billete laranxa para a semifinal irmandiña, con triunfo no derbi mariñán fronte ao Xove FS, de Segunda B (1-6), na vixésimo novena edición da cita. En Castro, las Guerreiras hicieron lo propio con marcador favorable 1-11.

O extra de motivación xovense tivo a súa recompensa no minuto 6 cun penalti transformado por Manu, pero xa non tiveron fol nin acerto para volver bater a rede burelá. R. Vargas igualou a contenda ao pouco de saltar á pista, no minuto 12.

Tiveron que agardar á segunda parte os de Juanma Marrube para plasmar no luminoso a súa superioridade amosada sobre a pista. Encamiñouno ben Matamoros no reinicio para pechalo tras o ecuador deste acto Juanfran, de novo a maxia do 10, Renato e Pope.

Con esta vitoria, o Pescados Rubén Burela FS faise co terceiro billete para a seguinte rolda, xunto a O Parrulo FS, que se impuxo 0-3 ao Esteo, e Noia Portus Apostoli, con 2-7 sobre Pizarras Los Tres Cuñados.

Ficha técnica

Xove FS: Javi Fajardo, Carlitos, Manu, Bruno de Nois, Pancho, cinco inicial; tamén xogaron Marcos, Nete, Mini, Antón Couto, Sergio Cora, Chema, Pulido

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, Renato, Everton, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Joselito, Pope, Álex Diz, Juanfran, R. Vargas, Bruno

Goles: 1-0, minuto 6, Manu (penalti); 1-1, minuto 12, R. Vargas; 1-2, minuto 24, Matamoros; 1-3, minuto 33, Juanfran; 1-4, minuto 35, Matamoros; 1-5, minuto 35, Renato; 1-6, Pope

Árbitros: Menéndez Nistal // Corral Martínez. Por Xove dobre amarela para Manu e Sergio Cora, amarela a Pulido. Por Burela amarela Joselito, Lucho, Everton

Incidencias: Partido correspondente a cuartos de XXIX Copa Galicia disputado no municipal de Xove. Ambos os equipos, acompañados dos colexiados, amosaron o seu apoio aos traballadores/as de Alcoa e empresas auxiliares na busca da viabilidade do futuro da industria da Mariña

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.