26/10/2019

Pescados Rubén 6-0 Roldán

Pescados Rubén 6-0 Roldán
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta tarde non só dar continuidade á súa imbatibilidade, do mesmo xeito que o resto do podio, senón tamén atopar a chave do seu acerto goleador, cun claro 6-0 na visita do STV Roldán FSF na xornada 7.

Vista Alegre marcou a vantaxe na primeira parte con 2-0, de Dany e Peque. A 7 laranxa abriu e pechou a conta goleadora na segunda parte, con dianas tamén de Cilene e Jenny Lores.

Dominio, velocidade, calma para tomar as decisións acertadas e máis afinación sobre a rede, ademais de gran participación de todas as xogadoras. “Foi un partido moi completo en todos os aspectos. Xogamos cunha gran velocidade, participando 3-4 xogadoras en accións ofensivas e defensivamente con gran reacción; viuse na última xogada, a falta de 20 segundos, con repregamentos das catro que estaban en pista. Este é o Burela que quero ver, o que fai gozar á xente” explicaba Julio Delgado ao finalizar o encontro. “Hoxe demostramos que podemos aspirar a todo e ademais con marxe de mellora. Temos que ir medrando aos poucos chegar o mellor posible aos play off e iso é o que trato de transmitirlles ás xogadoras”, puntualizaba o técnico.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Ale de Paz, Bea Mateos, Luci, Lara Balseiro, Jane, Jozi

STV Roldán FSF: Etayo, Claudia, Bet, Ángeles, Marta, cinco inicial; tamén xogaron María, Mio, Tere, Cristi, Alba

Goles: 1-0, minuto 3, Dany; 2-0, minuto 17, Peque; 3-0, minuto 21, Peque; 4-0, minuto 25, Cilene; 5-0, minuto 29, Jenny Lores; 6-0, minuto 37, Peque

Árbitros: Martínez Torres // Castro Nantes. Por Burela amarela a Jenny (minuto 15). Por Roldán amarela a Bet (28), Ángeles (39)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Primeira División disputado no pavillón Vista Alegre de Burela

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.