28/10/2019

Ana Romero e Ale de Paz estrearanse coa Vermella en Eslovenia, xunto a Peque e Jenny Lores

Ana Romero e Ale de Paz estrearanse coa Vermella en Eslovenia, xunto a Peque e Jenny Lores
O Pescados Rubén Burela FS acaba de recibir unha gran noticia, un novo recoñecemento ao gran traballo das Guerreiras Laranxas. Xunto á habitual presenza de Peque coa Selección Española e a Jenny Lores, que se estreou no último compromiso en Huelva, súmanse á lista de Clàudia Pons a porteira murciana Ana Romero e a ala nedense Ale de Paz, con destino a Eslovenia (3-7 de novembro)

As catro burelistas incorporaranse á expedición da Vermella o domingo tras o encontro que disputarán na pista de Sala Zaragoza (12.00 horas). España medirase en dous amigables ao combinado anfitrión, en Podcetrtek e Celje.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.