07/11/2019

Sen complexos ante o campión

Sen complexos ante o campión
Logo de estrearse con triunfo na elite, o Pescados Rubén Burela FS visitará mañá o Palau, na xornada 8, para medirse sen complexos ao campión de campións, o FC Barcelona, coa Liga, Copa de España, Copa do Rei e Supercopa da última tempada na súa vitrina. A cita poderá seguirse en directo a través de LaLigaSportsTV e Esport3 (21.15 horas).

“Imos a unha cancha complicada, é un dos mellores equipos do mundo, cos mellores xogadores, pero esta vitoria deunos confianza e moral para saltar ao Palau sen complexos, dispostos a todo, malia a extrema complexidade. Estando ao douscentos por cento temos posibilidades”, explicaba o ala Joselito, respirando xa tras subir o 2-1 fronte a Servigroup Peñíscola. “Estamos moito máis tranquilos. Quitamos un peso; o equipo viña traballando moi ben e que o fútbol sala estaba sendo inxusto connosco. Logo da primeira vitoria, o venres, trabállase doutra forma, máis liberados, e podemos ir a Barcelona con outra mentalidade”.

Os pupilos de Juanma Marrube plantaranse na cancha blaugrana con 4 puntos, pelexando por saír da zona de urxencia, fronte á segunda praza catalá, con 18 puntos; tan só sucumbiu fronte a Palma Futsal (2-3), no último compromiso no seu feudo. “Calquera xogador pode desequilibrarche o partido. A clave vai estar en ser un equipo, unidos, e saber sufrir”, advertía o xogador andaluz facendo referencia ao final do calendario máis que intratable para os mariñáns, con esta visita: “Tivemos un inicio moi difícil, con desprazamentos ás pistas dos grandes, pero aínda así demos unha boa imaxe. Con Movistar gañando 1-2 a falta de dez minutos, con ElPozo estando sempre no partido, con Magna estivemos por diante... Agora tócanos Barcelona. Despois teremos un calendario menos impresionante e temos que seguir na mesma liña de traballo para seguir medrando” valoraba o 2 laranxa.

“O nivel de xogo está sendo alto, aínda que os resultados non acompañaron todo o que deberían. Eu atópome ben; desde o club están contentos comigo, pero a liña a seguir debe ser a de querer dar sempre un paso adiante para continuar axudando ao grupo”, confesaba Joselito.

O equipo realizará a última sesión da semana esta tarde ás 18.00 horas en Gironella, con 13 xogadores na expedición, coa incorporación de Pitero.

Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Loito, 6. Luisma, 7. R. Vargas, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.