08/11/2019

Cristina rematará a recuperación compartindo pista coa Fervenza

Cristina rematará a recuperación compartindo pista coa Fervenza
Logo de oito meses e daquel fatídico partido con Jimbee Roldán FSF en marzo, chegan as boas noticias para Cristina Pérez. A pivote murciana xa ten a alta médica, tras a intervención de xeonllo á que se someteu a mediados do mes de abril, e poderá afrontar a recta final da súa recuperación compartindo pista co equipo filial, Comarcal A Fervenza FSF.

“Estou moi contenta, foron uns meses bastante malos, sobre todos os primeiros. Xa pasaron seis meses e medio da operación e as sensacións agora son moi boas. Xa levo adestrando co grupo varias semanas e creo que me atopo mellor dos esperado” explicaba a xogadora laranxa, moi ilusionada con esta nova etapa: “Para min será unha grande oportunidade, poder coller o ritmo de competición con este equipo, non só adestrando. Poderei comezar a disputar minutos en Segunda e ir collendo o ritmo e así axudarnos mutuamente” confesaba Cristina, que poderá estar dispoñible para a Familia Rosa, na cita fronte ao Universidad de Valladolid, na xornada 6, este sábado (A Malata, 20.00 horas):

“Os nervios sempre están aí. Non é o mesmo adestrar que ter ese formigueo pola competición, sobre todo logo de oito meses” recoñecía a burelista, puntualizando: “Esta etapa fíxome valorar o que teño, o que é poder xogar e adestrar”.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.