19/11/2019

12 adestrador@s e 15 delegad@s coidan da Nosa Base

12 adestrador@s e 15 delegad@s coidan da Nosa Base

Os máis dos 150 nen@s que forman a base do Pescados Rubén Burela FS aprenden, fórmanse e gozan do fútbol sala no curso 2019-20 con 12 adestrador@s e 15 delegad@s.

O director da Escola Laranxa, Alfonso Mera, coida dos máis pequen@s, de 3 anos, na categoría Chupete. Pola súa banda o coordinador da base, Christian Fustes, adestra o equipo de División de Honra Xuvenil, con Samuel Basanta como delegado, e o Alevín A, de Liga Autonómica, con Mariela Paz e Jesús Rodríguez. Míchel Couceiro, técnico de portería de Primeira División Masculina, encárgase de Primeira Galicia Feminina, co apoio José Miguel Bolaños e Carlos González. Mario Pillado dirixe o Cadete, en Autonómica, con Manuel Rivas como delegado, e o Benxamín B, con Álvaro Gastón Trillo. O Infantil Feminino estréase na estrutura burelista con David Riveira, co apoio no banco de Xela Bernardo e a axuda de Francisco Javier Muñoz e Cándido Eijo, ademais tamén dirixe o Infantil Masculino, con José López. O Alevín B e C, en Deporte Escolar, adestran da man de Jairo Campo, coa colaboración de Jesús Rodríguez e Ángela García. Un dos técnicos de Primeira División Feminina, Iván Cao, forma o Benxamín A, con Carmelo Pernas. A categoría Prebenxamín aprende cos xogadores de Primeira Luisma e Bea Mateos, con Diego López. Xunto a Pablo Díaz, con David Rodríguez, incorpóranse en Biberóns Carlos Moreno como monitor e José Manuel González como delegado.

No presente curso, as Xoias Laranxas asolagarán o fútbol sala da Mariña, de Lugo e de Galicia cun todal 13 equipos que compoñen as 8 categorías, entre os 3 e os 18 anos, entre Chupete e Xuvenil, ademais de Primeira Galicia Feminina.

División de Honra, Autonómica, Deporte Escolar… A base burelista xa está gozando sobre as pistas de todas as competicións, agás das Ligas Biberón e Prebenxamín da RFGF e a Fundación Imdecum, que arrincarán a vindeira semana.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.